Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 08 de xaneiro de 1999 Páx. 189

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 12 de novembro de 1998 pola que se fixa o prezo de venda ó público das publicacións Anuario de Estatística Agraria 1996 e Los Grandes Problemas del Campo.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6º, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería que se relacionan no anexo.

2. Este prezo entenderase con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 1998.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

ANEXO I

Anuario de Estatística Agraria 1996: 3.750 pesetas.

Los Grandes Problemas del Campo: 1.800 pesetas.

669