Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 08 de xaneiro de 1999 Páx. 189

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 3 de decembro de 1998 pola que se autoriza o cambio de titularidade da escola de música privada Breogán do Grove (Pontevedra).

Visto o expediente promovido por Eva García Rodríguez sobre cambio de titularidade da escola de música privada Breogán do Grove (Pontevedra) inscrita no rexistro de escolas de música por orde desta consellería do 13 de maio de 1996 (DOG do 7 de xuño), considerando os imformes emitidos polos servicios correspondentes da Delegación Provincial

da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en Pontevedra así como a documentación achegada pola interesada,

DISPOÑO:

Primeiro.-Autoriza-lo cambio de titularidade da escola de música privada Breogán do Grove (Pontevedra) segundo os datos que figuran no anexo a esta orde.

Segundo.-A escola de música privada Breogán do Grove queda sometida ó réxime de escolas de música e de danza segundo o disposto na Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril) e ós servicios de inspección correspondentes.

Dsiposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Centros e Inspección Educativa para dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Denominación específica: escola de música privada Breogán.

Titular: Eva García Rodríguez.

Domicilio: r/ Luis A. Mestre, nº 14.

Localidade: O Grove.

Provincia: Pontevedra.

11580