Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 08 de xaneiro de 1999 Páx. 190

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0001578/1998, interposto por José Miguel Pérez Vázquez.

Recibiuse nesta consellería escrito da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo que se reclama o expediente administrativo referido ó recurso contencioso-administrativo número 01/0001578/1998, interposto por José Miguel Pérez Vázquez, contra resolución do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo do 11-9-1998 desestimatoria do recurso ordinario contra outra da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural do 11-5-1998 (S-PO-3-1-97), recaída en procedemento sancionador instruído polas obras no número 9 da rúa Conde da Vila de Baiona (Pontevedra).

Esta secretaría xeral acordou, en cumprimento do disposto no artigo 61 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do expediente administrativo solicitado.

Así mesmo, de conformidade co disposto no artigo 64 da citada lei, modificado pola Lei 10/1992, do 30 de abril, notifícaselles a tódalas persoas interesadas no procedemento e emprázaselles para que poidan comparecer como parte nos autos ante a referida sala no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 1998.

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo

11942