Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 08 de xaneiro de 1999 Páx. 187

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 372/1998, do 18 de decembro, polo que se desafecta do dominio público o inmoble denominado As Triguerizas, situado na rúa Alameda, 1, termo municipal de Celanova (Ourense).

A Comunidade Autónoma de Galicia, en virtude do Real decreto 2411/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de servicios e asistencia social, posúe a titularidade do terreo situado na rúa Alameda, 1, termo municipal de Celanova (Ourense).

O Concello de Celanova solicitou á Consellería de Economía e Facenda a cesión do dito inmoble, co fin de dedicalo, entre outras actuacións, á construcción dun ximnasio-pavillón con pista polideportiva.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que ten na actualidade adscrito o inmoble, informou favorablemente a cesión solicitada, o que implica, á vista do disposto no artigo 24 de Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento da Lei 3/1985, do 12 de abril, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, a conformi

dade coa desafectación do dominio público do devandito inmoble.

O artigo 10.1º da Lei 3/85, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia sinala que cando os bens e dereitos non fosen necesarios para o cumprimento dos fins determinantes da súa afectación, cesará a súa natureza demanial e adquirirán a condición de patrimoniais, sen prexuízo, se é o caso, do dereito de reversión nos termos da lexislación de expropiación forzosa respecto daqueles bens adquiridos por este título.

O punto segundo do antedito artigo establece que a desafectación dos bens de dominio público da Comunidade Autónoma de Galicia deberá facerse mediante acordo do Consello da Xunta, logo de instrucción do expediente pola Consellería de Economía e Facenda, por instancia da consellería interesada, e sempre que se acredite a desaparición das causas xustificativas da afectación.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaioto de decembro de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Desáfectase do dominio público o predio situado na rúa Alameda, 1, termo municipal de Celanova (Ourense), inscrito no Rexistro da Propiedade de Celanova, no libro 83, folio 192, predio número 8.371, e que se describe como segue:

«Soar coñecido como As Triguerizas, no lugar denominado Cercado, dunha superficie dunha hectárea, dez áreas e cincuenta centiáreas, que linda ó norte, rúa Celso Emilio Ferreiro; ó sur, campo da feira de Celanova; ó leste, Avda. de San Rosendo; e ó oeste, convento e horta parroquial».

Artigo 2º

O ben inmoble antes descrito adquire natureza patrimonial, sen prexuízo do cumprimento da recepción formal por parte da Consellería de Economía e Facenda do ben desafectado de conformidade co disposto no artigo 27 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaoito de decembro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

0034