Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 07 de xaneiro de 1999 Páx. 172

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 1998, da Dirección Xerencia do Hospital Montecelo de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación do servicio de limpeza da Casa do Mar de Mollabao en Pontevedra, mediante concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia. (Expediente 9901).

A Dirección Xerencia do Hospital Montecelo de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG do 11 de maio), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o concurso público nº 9901, polo procedemento aberto e trámite de urxencia seguinte:

1. Obxecto e orzamento: a contratación do servicio de limpeza da Casa do Mar de Mollabao en Pontevedra, por un orzamento anual de dez millóns setecentas setenta e seis mil, (10.776.000) pesetas. Imposto sobre o valor engadido, incluído.

2. Prazo de execución: o servicio obxecto do presente concurso público executarase a partir da data de formalización do contrato ata o 31 de decembro de 1999.

3. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, e demais documentación complementaria, poderán ser solicitadas na sección de concursos do Hospital Montecelo, lugar de Mourente, s/n. C. P. 36071 de Pontevedra, nos días laborables desde as 9 ata as 14 horas, ou por teléfono 986 80 00 17, ou fax 986 80 00 01, durante o prazo de admisión das proposicións.

4. Fianzas: provisional, o dous por cento do orzamento da licitación, que se constituirá conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Solvencia económica e financeira: as empresas licitadoras acreditarán a súa solvencia económi

co-financeira por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

6. Solvencia técnica: acreditarase por algún dos medios previstos no artigo 19 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

7. Criterios de adxudicación: os estipulados na folla de especificacións (p. 6).

8. Clasificación: non se esixe.

9. Presentación das proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoas que o representen, no rexistro xeral do Hospital Montecelo, antes das catorce horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

10. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Montecelo, ás dez horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

13. Anuncios: o importe dos anuncios do presente concurso público será por conta do adxudicatario.

Pontevedra, 18 de decembro de 1998.

Rafael Pérez-Santamarina Feijóo

Director xerente do Hospital Montecelo

de Pontevedra

11922