Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 07 de xaneiro de 1999 Páx. 172

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BECERREÁ

ANUNCIO de información pública.

O Pleno deste Concello, en sesión do día 26 de decembro de 1998, acordou inicialmente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos afectados polas obras de Avenida Instituto tramo inicial, aprobando os seguintes documentos que legalmente o integran:

a) Determinación do ámbito territorial.

b) Fixación de prezos coa valoración razoada do solo.

c) Follas de prezo xusto individualizado.

En cumprimento do establecido polo artigo 145 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o proxecto de expropiación, xunto cos documentos que o integran, expóñense ó público polo prazo dun mes, co fin de que os interesados poidan formula-las observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que atinxe a titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Becerreá, 28 de decembro de 1998.

Antonio Fernández Pombo

Alcalde-presidente

11080