Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 07 de xaneiro de 1999 Páx. 171

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto (tramitación anticipada), para a adquisición de gasas e compresas. (C.P. 4/1999).

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, telex e telefax do órgano de contratación: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, planta terceira do Hotel de Pacientes (anexo ó Hospital Juan Canalejo), As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña. Teléfono: 981 17 80 73. Telefax: 981 17 80 32.

2. a) Modalidade da adxudicación elixida: aberta.

b) Forma do contrato que é obxecto da licitación: concurso.

3. a) Lugar de entrega: Hospital Juan Canalejo (A Coruña).

b) Natureza e cantidade dos productos a subministrar: número de referencia da CPA (clasificación estatística dos productos por actividades): gasas e compresas.

Orzamento total: 72.528.000 ptas. (IVE incluído).

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas partes das subministracións requiridas: o concurso repártese en 4 lotes:

Lote 1: compresa 50x50 con contraste: 22.848.000 ptas.

Lote 2: compresa 50x50 sen contraste: 24.600.000 ptas.

Lote 3: gasa 20x20: 20.520.000 ptas.

Lote 4: gasa 20x40 con contraste: 4.560.000 ptas.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións, calendario de entregas, e,

se é o caso, a partir dos 15 días seguintes ó da sinatura do contrato.

5. a) Nome e enderezo do servicio onde poden ser solicitados o prego de condicións e os documentos complementarios: Servicio de Contratación do Hospital Juan Canalejo.

b) Data límite para efecuta-la solicitude: 29 de xaneiro de 1999.

c) Se é o caso, importe e modalidade de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los documentos: ningún.

6.a) Data límite de recepción das propostas: 3 de febreiro de 1999.

b) Enderezo ó que deben enviarse: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, planta baixa do Hospital Juan Canalejo. As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: galego ou castelán.

7.a) Persoas admitidas para asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, planta baixa do Hotel de Pacientes (anexo ó Hospital Juan Canalejo), As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña, ás 10 horas do día 15 de febreiro de 1999.

8. Garantías esixidas: provisional do 2% do orzamento de cada lote. Definitiva do 4% do orzamento de cada lote.

9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias a textos que as regulan: aboamentos en conta mediante transferencia, con periodicidade mensual.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión das empresas adxudicatarias da contratación: unión temporal de empresas.

11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que deba reuni-lo provedor: ver cláusula 7.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se empregan para a adxudicación do contrato:

Criterios de adxudicación:

Oferta económica: 60%.

Calidade dos artigos: 20%.

Servicio técnico da subministración: 20%.

Total: 100%.

14. Se é o caso, prohibición das variantes: admítese a presentación de ata 1 variante.

15. Información complementaria: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo.

16. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas, do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 24-10-1998.

17. Data do envío do anuncio: 29 de decembro de 1998.

18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado a OPOCE).

A Coruña, 18 de decembro de 1998.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

11885