O xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais na Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) e de conformidade co previsto no Decreto 211/1998, do 25 de xuño de 1998 (DOG nº 133, do 13 de xullo), acordou darlle publicidade á adxudicación do contrato de subministración que se indica a continuación, efectuada logo da tramitación do correspondente expediente administrativo de concurso público.
Expediente: C.P. 14/1998-Moblaxe hospitalaria.
Adxudicatario: Dismoga, A.I.E.
Importe: 8.704.500 ptas.
Ourense, 23 de novembro de 1998.
Alfonso Clemente González
Xerente xeral do Complexo Hospitalario
de Ourense
11883