Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 07 de xaneiro de 1999 Páx. 170

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 1998 de adxudicación da subministración de equipos informáticos.

En relación co concurso, por procedemento negociado sen publicidade (artigo 183 da Lei de contratos das administracións públicas, pola concorrencia dos supostos previstos nas letras d), imperiosa urxencia, e e), na modalidade de reposición de material, para a subministración de seis equipos informáticos en substitución dos instalados na unidade de auxiliares gravadores do Servicio de Publicacións do Parlamento de Galicia, a Mesa do Parlamento acordou adxudica-lo contrato á empresa Microgal, por un importe de 2.275.758 pesetas, IVE incluído, correspondéndolle tamén asumir tódolos gastos derivados da instalación, carga de software e posta en funcionamento.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 1998.

José María García Leira

Presidente do Parlamento de Galicia

11307