Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 07 de xaneiro de 1999 Páx. 170

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 12 de novembro de 1998, da Área de Servicios Sociais da provincia da Coruña, polo que se notifican as resolucións dictadas sobre a renda de integración social de Galicia, relacionadas no anexo.

No uso da competencia que atribúe a esta delegación provincial a Lei 9/1991, do 2 de outubro, galega de medidas básicas para a inserción social (DOG nº 191 do 3 outubro), e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), ó seren devoltas polo servicio de correos as notificacións enviadas no seu día, requírense os abaixo citados para que no prazo de 10 días, contados desde o seguinte ó da data de publicación deste edicto comparezan, persoalmente ou debidamente representados, na Área de Servicios Sociais da Coruña para teren coñecemento do contido daquelas, advertíndoos de que, de non facelo así, teranse por notificados cos efectos que correspondan.

A Coruña, 12 de novembro de 1998.

Diego Bernal Llorente

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Solitante: Fernández García, Mª del Carmen.

DNI: 34.895.894.

Concello: A Coruña.

Solicitante: Montero Vez, Alberto.

DNI: 32.647.911.

Concello: Ferrol.

Solicitante: Souto Rivas, Rosalía.

DNI: 33.261.360.

Concello: Santiago de Compostela.

11933