Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 07 de xaneiro de 1999 Páx. 168

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 1998 pola que se fai pública a adxudicación da contratación, polo sistema de concurso con procedemento aberto e polo trámite de urxencia, da asistencia técnica consistente na realización dunha campaña de promoción de productos agroalimentarios galegos con indicativo de calidade en distintas áreas comerciais de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/95, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación da seguinte consultoría e asistencia:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Industrias e Alimentación.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: asistencia técnica.

Descrición do obxecto: realización dunha campaña de promoción de productos agroalimentarios galegos con indicativo de calidade en distintas áreas comerciais de Galicia.

Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 209, do 28 de outubro de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: nove millóns de pesetas (9.000.000 de ptas.), IVE incluído.

5. Adxudicación.

Data: 23 de novembro de 1998.

Contratista: Idea, Creatividad y Comunicación, S.L.

Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: oito millóns setecentas sesenta e dúas mil setecentas vinteúnha pesetas (8.762.721 ptas.), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, 17-12-1997)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria

11927