Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Ourense, 32003 Ourense.
Denominación: C.T., R.B.T., Abelenda-Fornelos-Casares-Beiro.
Situación: Carballeda de Avia.
Descricións técnicas: C.T. intemperie de Fornelos (Carballeda de Avia) con 100 kVA e R/T 20.000/380-220 V. 4 R.B.T. aéreas en conductor R.Z. con orixe no C.T. de Abelenda, C.T. de Fornelos, C.T. de Beiro de Arriba e C.T. de Beiro de Abaixo de 1.095, 2.025, 640 e 1.450 metros respectivamente.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 1 de decembro de 1998.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
11408