Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 07 de xaneiro de 1999 Páx. 169

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 1998 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite de urxencia, da contratación para a subministración de roupa e calzado profesional para o persoal laboral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, polo procedemento aberto por concurso e trámite de urxencia, con expediente de gasto anticipado, da seguinte contratación:

-Subministración de roupa e calzado profesional para o persoal laboral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

-Orzamento de licitación: sete millóns cincocentas mil pesetas (7.500.000 ptas.), IVE incluído.

-Prazo de execución: corenta (40) días.

-Garantía provisional: non se esixe.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

-Exposición dos pregos: o prego de prescricións técnicas e o de cláusulas administrativas estarán de manifiesto para o seu exame no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais, durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38.

-Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo terceiro día natural, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

-O importe do anuncio do presente concurso correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, do 17)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo

11291