Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 07 de xaneiro de 1999 Páx. 166

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, da utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/261-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, da utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Piñeiros.

Situación: Nigrán.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea núa, a 20 kV, de 318 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 55 da L.M.T. ó C.T. Camos I, rematando no C.T. que se proxecta en Piñeiros, concello de Nigrán. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 425 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Resultando que realizada a información pública e a notificación individual a cada un dos afectados, os propietarios dos predios 2, 4, 5, 7, 15, 17, 22, 23 e 24 presentan alegacións con data de entrada 5-12-1997, comunicando que non están de acordo coa traxectoria da liña por gravar as súas propiedades, propoñendo varios trazados alternativos: a) por pistas e camiños, b) pola zona do monte comunal e c) existe nas proximidades unha liña antiga que pode ser utilizada para os mesmos fins. Solicitan se adopte algún dos trazados propostos e se exclúan os seus predios da relación de afectados. Trasladadas as alegacións a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. esta contesta que a zona de monte comunal está distante da traza proposta, que a liña existente que citan xa subministra a outro C.T., que os camiños e vías non son axeitados para o paso da liña, e que a modificación da traza suporía novas afeccións.

Na inspección realizada sobre o terreo comprobouse que a traza da liña non está suxeita ás pro

hibicións e limitacións dos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966 e que é a alternativa máis axeitada dentro das posibles solucións.

Considerando que os predios non están suxeitos ás prohibicións e limitacións dos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, que a distancia á derivación ó C.T. Camos que indican, é superior á proposta, que a variación afectaría a novos propietarios que non deron a súa autorización, e que o Regulamento de liñas aéreas de alta tensión, Decreto 3151/1968, non permite ángulos na traza que serían necesarios para segui-lo curso de vías.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 40/1994, e nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación resolve:

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta resolución é susceptible de recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes.

Pontevedra, 6 de novembro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

11361