Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 07 de xaneiro de 1999 Páx. 165

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, da utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/257-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, da utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación

do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Caños.

Situación: Nigrán.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea núa, a 20 kV, de 321 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón e metálicos, desde o apoio 8 da L.M.T. ó C.T. Camos II, rematando no C.T. que se proxecta en Caños, concello de Nigrán. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 1.105 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Resultando que realizada a información pública e a notificación individual a cada un dos afectados, os propietarios do predio número 3 presenta alegacións con data de entrada 29-12-1997, comunicando que non están de acordo coa traxectoria da liña por sobrevoa-lo seu predio de uso agrícola. Solicita que se faga o trazado lindante a camiños e estradas públicas e que por medio de proba se soliciten ó Centro de Xestión Catastral e ó Servicio Provincial de Estradas, copias certificadas de planos topográficos da zona e nos que figuren tódolos camiños e vías. Trasladadas as alegacións a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. esta contesta que non é viable a instalación de apoios na zona de influencia de estradas, que nos planos que constan no expediente figura claramente definido a localización da liña, e que o que se pretende é garanti-la calidade da subministración eléctrica polo que calquera variación prexudicaría esa garantía.

Na inspección realizada sobre o terreo comprobouse que a traza da liña non está suxeita ás prohibicións e limitacións dos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966 e que é a alternativa máis axeitada dentro das posibles solucións.

Considerando que o predio nº 3 non están suxeitos ás prohibicións e limitacións dos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, que o seu actual aproveitamento agrícola non se ve afectado, e que o Regulamento de liñas aéreas de alta tensión, Decreto 3151/1968, no seu artigo 4 establece que se evitarán os ángulos, o que fai problemático segui-lo curso de camiños e regatos.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 40/1994, e nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación resolve:

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade

condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta resolución é susceptible de recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes.

Pontevedra, 5 de novembro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

11241