Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 05 de xaneiro de 1999 Páx. 103

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 1 de decembro de 1998, do Servicio Provincial de Transportes da Coruña, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (expediente XC-00508-O-98 e seis máis).

Pola presente cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Coruña, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o director xeral de Obras Públicas e Transportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, dispoñen dun prazo de quince días para o seu pagamento en voluntaria, facendo efectiva a multa mediante ingreso a favor do Tesouro da Facenda galega, conta de recadación de multas e sancións, nº 1302 60000 08 13.763.620, da Caixa Postal de Aforros.

Transcorrido este prazo, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE nº 285, do 27 de novembro).

E para que conste e lles sirva de notificación ós denunciados/as de enderezos descoñecidos, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada lei, expido, asino e selo a presente cédula na Coruña o 1 de decembro de 1998.

Gonzalo López González

Instructor xefe do Servicio Provincial

de Transportes da Coruña

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

XC-00508-O-98

NA-5528-V

G.C. de Tráfico

Roberto Suárez Freire

Dr. Fleming, 8-10-2º

15402 Ferrol A Coruña

Circular transportando un cargamento de carbón cun peso en carga de 39.980 kg estando autorizado para 38.000 kg. Exceso 1.980 kg comprobado por billete expedido por Endesa, peirao de Ferrol, arrastra semi-remolque dos dous eixes; 20-4-1998; 18.10; CR G 11; 6,200.Artigo 200.3º do R.D. 1211/1990143 da Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199025.000 ptas.
XC-00625-O-98

M-3786-DL

C.G. de Tráfico

Manuel García Giménez

Athlétic, 32

28034 Madrid

Circular transportando chatarra de San Sadurniño a Narón, carecendo de tarxeta de transporte; 19-5-1998; 11.50; CR-9-11; 6,000Artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do R.D. 1211/1990143 da Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199025.000 ptas.
XC-00641-O-98

NA-5528-V

G.C. de Tráfico

Roberto Suárez Freire

Dr. Fleming, 8-10-2º

15402 Ferrol A Coruña

Circular transportando un cargamento de carbón cun peso en carga de 39.620 kg estando autorizado para 38.000 kg. Exceso 1.620 kg comprobado por billete báscula expedido por Endesa, no peirao de Ferrol (achégase fotocopia deste); 18-5-1998; 13.25; C.R.G. 1.1; 5Artigo 200.3º do R.D. 1211/1990143 da Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199025.000 ptas.
XC-00642-O-98

C-6876-BP

G.C. de Tráfico

Maquinaria Agrícola Noroeste, S.L.

Avda. Rodríguez Viguri, 23

15700 Santiago de Compostela A Coruña

Circular transportando material para reparación de maquinaria agrícola, de Pontedeume a Boimorto, carecendo de tarxeta de transporte; 20-5-1998; 8.10; C-540; 43,900Artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do R.D. 1211/1990143 da Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199025.000 ptas.
XC-00685-O-98

C-0070-BS

G.C. de Tráfico

Disferga, S.L.

Nicaragua, 25

15005 A Coruña

Circular un vehículo transportando material de ferraxería desde A Coruña a Carballo, carecendo o vehículo de tódolos distintivos correspondentes á súa tarxeta de transporte; 28-5-1998; 9.30; C-552; 24,000O.M. 25 de outubro de 1990 (BOE do 30)143 da Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199015.000 ptas.
XC-00788-O-98

C-8553-BJ

G.C. de Tráfico

José Pampín Cepeda

Tafona, 1

15703 Santiago de Compostela A Coruña

Transportar caixas de zapatos como mostrario de representante comercial carecendo de tarxeta de transporte. Non ostenta distintivos; 11-6-1998; 11.00; A-9; 16Artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do R.D. 1211/1990143 da Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199015.000 ptas.
XC-00819-O-98

C-1725-BJ

G.C. de Tráfico

Alberto Míguez Vaamonde

Benéfica de Conxo, 50-A, pis. 116 m

15706 Santiago de Compostela A Coruña

Transportar mobles carecendo de tarxeta de transporte; 11-6-1998; 11.00; A-9; 16Artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do R.D. 1211/1990143 da Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199025.000 ptas.

11232