Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 05 de xaneiro de 1999 Páx. 103

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do contrato administrativo do proxecto e obra para a construcción de cortaváns da estructura e outras obras na estación de autobuses de Pontevedra.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo Orden do 13 de decembro de 1993, resolveu adxudica-lo contrato de proxecto e obra para a construcción de cortaváns da estructura e outras obras na estación de autobuses de Pontevedra á empresa Construcciones J. Carro, S.A. por un orzamento de 34.536.730 pesetas, e un prazo de execución de 4 meses.

O que, en cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracions públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nun plazo de dous meses, contados desde o día

seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 1998.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

11310