Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 05 de xaneiro de 1999 Páx. 102

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (22/1998-I).

O maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela.

Fai saber que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 22/1998-I, se seguen autos de executoria de xuízo de faltas, por falta de desobediencia e danos contra Francisco Alvarellos Maceira, nas actuacións do cal se acordou sacar á venda en primeira e pública poxa, por termo de 8 días e prezo da súa valoración os seguintes bens mobles embargados ó condenado:

-Ciclomotor marca Puch, modelo Cóndor, con placa municipal 940, sendo o seu prezo de valoración de 70.000 pesetas.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado o vindeiro día 11 de xaneiro de 1999 ás 10 horas, de acordo coas seguintes condicións:

1. O tipo de remate será a cantidade sinalada como prezo de valoración, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da devandita suma.

2. Para poder tomar parte na licitación os licitadores deberán consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado nº 1592000076008396 do BBV o vinte por cento do tipo de remate.

3. Poderanse facer ofertas por escrito, en prego cerrado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na mesa do xulgado, xunto con aquel, o vinte por cento do tipo de remate.

4. Só ó prexudicado se lle poderá face-lo remate en calidade de llo ceder a un terceiro.

5. Reservaranse en depósito por instancia do prexudicado as consignacións dos ofertantes que non resultaren rematantes e que o admitan e cubrisen o tipo da poxa, para efectos de que, se o primerio adxudicatario non cumprise a obriga, poida aprobarse o remate a favor dos que o sigan por orde das súas respectivas ofertas.

6. As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do prexudicado, quedarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na respon

sabilidade deles, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

7. Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda, o vindeiro día 1 de febreiro, ás 10 horas, nas mesmas condicións cá primeira, agás o tipo do remate, que será o setenta e cinco por cento do da primeira; e, en caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 22 de febreiro, ás 10 horas, rexendo para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

8. Sirva esta publicación de notificación ó condenado, para o caso de non ser atopado no seu domicilio.

Dado en Santiago de Compostela o vintetrés de novembro de mil novecentos noventa e oito.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

11131