Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 05 de xaneiro de 1999 Páx. 102

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 1998, da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, pola que se resolve o concurso de traslado entre funcionarios petencentes ó corpo de médicos forenses convocado por Resolución do 16 de outubro de 1998.

Visto o expediente instruído para a provisión en concurso de traslado de forensías e agrupacións de forensías vacantes, anunciado por resolución da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, do 16 de outubro de 1998, publicada no BOE do 29 de outubro de 1998, e de conformidade co establecido nos artigos 455 e 500.1º da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, Real decreto 296/1996, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento orgánico do corpo de médicos forenses e Real decreto 1619/1997, do 24 de outubro, polo que se modifica o Regulamento orgánico do corpo de médicos forenses.

Esta Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local resolveu:

Primeiro.- Declarar desertas as prazas convocadas no concurso por falta de solicitantes.

Segundo.- Recursos. Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa publicación no BOE, logo de comunicación a este centro de acordo co establecido no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurí

dico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 20 de agosto 1993).

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 1998.

José Antonio Álvarez Vidal

Director xeral de Xustiza e Administración Local

10991