Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 05 de xaneiro de 1999 Páx. 104

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 9 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/282-4).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, artigos 52, 53 e 54 da Lei 54/1997,

do sector eléctrico e artigos 10 e 16 do Decreto 2619/1966, sómetese a información pública a pertición de autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, Vigo.

Titulo: L.M.T., C.T. e R.B.T. A Costeira.

Situación: Redondela.

Características técnicas: L.M.T., aérea núa, a 15 kV, de 60 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56,

sobre apoios de formigón, desde o apoio 2 da L.M.T. RDN 7.04 rematando no C.T. que se proxecta na Costeira, concello de Redondela. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 15 kV-380-220 V. R.B.T., aérea, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, de 2.665 m de lonxitude o tramo que parte do C.T. Quintela I e 740 m de lonxitude o tramo que parte do C.T. A Costeira.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no

prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar así mesmo por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las posibles alegacións por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do regulamento da Lei 10/1966, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Pontevedra, 9 de novembro de 1998.

Carmen Bianchi Valcárcel

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 98/282-4. Provincia: Pontevedra.

L.M.T.-C.T.-R.B.T. A Costeira.Termo municipal: Redondela.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1RodolloLabradíoManuel Figueroa FigueroaPadrón-Quintela, 6, 36817 Redondela1160300

2RodolloLabradíoJosefa Lago VeigaSanto Estevo de Negros, s/n, 36800 Redondela1160300

10946