Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 04 de xaneiro de 1999 Páx. 43

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 1998, da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (Área da Coruña), pola que se fai pública a adxudicación definitiva dos concursos públicos 4 e 5/1998.

A Xerencia de Atención Primaria Coruña-Ferrol, (Área Coruña), en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e en cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos de administracións públicas, acordou darlle publicidade á adxudicación dos seguintes concursos:

Concurso Público 4/1998.

Lote: único.

Obxecto: servicio de vixilancia do «P.A.C. Teixeiro-Curtis».

Adxudicación: 8.374.188 pesetas.

Adxudicatario: Securitas Seguridad España, S.A.

Concurso público 5/1998.

Lote: único.

Obxeto: servicio de limpeza xeral e cristais de «Abente Lago».

Adxudicación: 6.747.024 pesetas.

Adxudicatario: Limpiezas del Noroeste, S.A. «Linorsa»

A Coruña, 4 de novembro de 1998.

Luís Verde Remeseiro

Director xerente de Atención Primaria da

Coruña-Ferrol

11810