Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 04 de xaneiro de 1999 Páx. 42

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 1998, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación anticipada do expediente de gasto, para a contratación de servicios de fisioterapia e rehabilitación funcional na provincia de Pontevedra.

1. Entidade adxudicataria. Servicio Galego de Saúde, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Orzamentos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º, teléfono 981 54 27 78; fax 981 54 27 62. Santiago de Compostela.

2. Obxecto do contrato. A prestación dos servicios de fisioterapia e rehabilitación funcional na provincia de Pontevedra.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación. Concurso polo procedemento aberto e tramitación anticipada do gasto.

O contrato desagrégase nos seguintes lotes:

Lote 1: fisioterapia e rehabilitación funcional na área norte (Pontevedra).

Lote 2: logopedia na área norte (Pontevedra).

Lote 3: atención temperá na área norte (Pontevedra).

Lote 4: fisioterapia e rehabilitación funcional na área sur (Vigo).

Lote 5: logopedia na área sur (Vigo).

Lote 6: atención temperá na área sur (Vigo).

Lote 7: atención temperá na área do Salnés.

Os licitadores poderán concorrer a un ou á totalidade dos lotes en que se divide o obxecto do contrato.

4. Orzamento base de licitación. Importe máximo anual de 93.000.000 de ptas., coa seguinte desagregación por lotes.

Lote 1: 15.000.000 de ptas.

Lote 2: 3.000.000 de ptas.

Lote 3: 4.000.000 de ptas.

Lote 4: 50.000.000 de ptas.

Lote 5: 12.000.000 de ptas.

Lote 6: 6.500.000 ptas.

Lote 7: 2.500.000 ptas.

5. Fianzas e garantías. Non se esixen.

6. Documentos de interese para os licitadores. Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas pódense solicitar na División de Recursos Económicos (Servicio de Xestión de Concertos e Recursos Propios), edificio administrativo San Caetano, bloque 2, 2º, Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

7. Solvencia económico-financeira e técnica. Acredítanse conforme o previsto no punto 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Criterios de adxudicación. Os establecidos no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. a) Prazo e lugar de presentación das proposicións. As proposicións presentaranse antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, e segundo establece o punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Documentación que deberán presenta-los licitadores. Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares e na forma que nel se sinala.

10. Data de apertura das proposicións. A apertura das proposicións admitidas realizaraa a mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (Edif. Admvo. San Caetano, ático, ala norte), a partir das 9.30 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

11. Anuncios. Os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 1998.

Antonio Fernández-Campa García Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos

11197