Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 04 de xaneiro de 1999 Páx. 41

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 1998, da Xerencia do Hospital da Costa de Burela, pola que se anuncia a contratación, mediante gasto anticipado e polo sistema de concurso público e procedemento aberto, da subministración sucesiva de reactivos destinados ó laboratorio de hematoloxía para a realización de hemogramas e arrendamentos dos aparellos necesarios para a realización das ditas probas.

A Dirección Xerencia do Hospital da Costa de Burela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio),

convoca expediente de contratación de gasto anticipado e polo sistema de concurso público e procedemento aberto:

C.P. 1/99, subministración sucesiva de reactivos destinados ó laboratorio de hematoloxía para a realización de hemogramas. Orzamento: 7.500.000 ptas. (sete millóns cincocentas mil), IVE incluído.

I. Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31-12-1999 con posibilidade de prórroga por anos naturais.

II. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministracións do Hospital da Costa, teléfono 982 58 99 35 e fax 982 58 99 86, durante o prazo de admisión de proposicións.

III. Admisión de variantes: consideraranse as proposicións que, respectando o obxecto do contrato e o orzamento máximo autorizado, incorporen para a prestación de subministracións solucións alternativas ás definidas nas prescricións técnicas.

IV. Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo I do prego.

V. Solvencia técnica: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo II do prego.

VI. Criterios de adxudicación:

-Medios técnicos: ata 6 puntos.-Asistencia técnica: ata 6 puntos.-Prezo: ata 5 puntos.-Control de calidade: ata 3 puntos.-Prontitude na subministración: ata 4 puntos.

VII. Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación 150.000 pesetas. A dita fianza constituirase segundo o disposto no artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

VIII. Clasificación: non se esixe.

IX. Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres cerrados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Hospital da Costa de Burela antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó Hospital da Costa a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.

X. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de con

tratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital da Costa ás 11 horas do undécimo día natural contado a partir do seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

XI. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

XII. Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta dos adxudicatarios do contrato.

Burela, 27 de novembro de 1998.

Jesús Santiago Ares Martínez

Director xerente do Hospital da Costa de Burela

11504