Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 04 de xaneiro de 1999 Páx. 43

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 1998 pola que se anuncia concurso público, con procedemento aberto e mediante tramitación ordinaria, para a contratación da subministración que se indica. (Expediente 34/1998).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº de expediente: 34/1998.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: dotación de infraestructura ós laboratorios docentes da E.T.S. de enxeñeiros de telecomunicacións: 8 lotes.

b) Número de unidades que se van entregar: as especificadas no prego de cláusulas.

c) División por lotes e número: 8 lotes.

d) Lugar de entrega: o que se indica no contrato.

e) Prazo de entrega: o establecido no prego de prescricións técnicas para cada lote.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 38.712.634 ptas. para a totalidade dos lotes.

5. Garantías:

Provisional: 2% do importe de licitación para cada lote.

Definitiva: 4% do importe de licitación para cada lote.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Universidade de Vigo, Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Domicilio: r/ Areal, nº 46-2ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo 36201.

D) Teléfono: 986 81 35 71.

e) Telefax: 986 81 35 54.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior á finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

2ª Domicilio: r/ Areal, nº 46, planta baixa.

3ª Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Domicilio: r/ Areal, nº 46, 1ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

9. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 21 de decembro de 1998.

P.D. (Resolución 24-6-1998)

Julio Taboada Pérez

Xerente da Universidade de Vigo

11811