Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 04 de xaneiro de 1999 Páx. 27

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/193-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: variante L.M.T. a C.T. Lenda.

Situación: Santiago de Compostela.

Descricións técnicas: variante de liña eléctrica aéro-subterránea de media tensión a 20 kV, que alimenta o C.T. Lenda, consistente en: tramo de 160m de lonxitude, sobre apoios de formigón e conductor LA-56, inmediacións autovía Santiago de Compostela-Lavacolla, tramo aéreo. Tramo de 240 m de lonxitude, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20kV de 3 (1x95) mm Al, inmediacións C.T. Lenda e autovía Santiago de Compostela-Lavacolla. Santiago de Compostela.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 24 de novembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

11358