Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T. aérea denominada San Caetano-Lavacolla.
Situación: Santiago de Compostela.
Descricións técnicas: reforma L.M.T. aérea a 20 kV denominada San Caetano-Lavacolla (expediente 27384) nos puntos quilométricos 5,4 e 6,2 no cruzamento coa nova autovía Santiago de Compostela-Lavacolla. Concello de Santiago de Compostela.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
A Coruña, 25 de novembro de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
11357