Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 04 de xaneiro de 1999 Páx. 26

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 3 de decembro de 1998, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), polo que se fai público o extravío do xustificante de depósito 58/1994, para os efectos de expedición de duplicado.

Faise público por medio deste anuncio o extravío do resgardo de depósito nº 58/1994 constituído o día 4 de marzo de 1994, en Vigo, por medio de aval bancario, polo importe de 166.385 pesetas, e que garante a Limpiezas Faro, S.L.

No prazo de dous meses contados a partir da publicación deste anuncio, aquelas persoas ou entidades en poder das que se poida atopar deberán presentalo nesta delegación territorial, con domicilio na praza de América, 1-torre 1ª-2º.

Transcorrido o referido prazo sen presentarse, expedirase un novo resgardo que anulará o exemplar orixinal.

Vigo, 3 de decembro de 1998.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

11359