Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 04 de xaneiro de 1999 Páx. 26

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 2 de decembro de 1998, da Delegación Territorial de Lugo, pola que se notifican títulos executivos expedidos polo Servicio de Recadación, relativos ós contribuíntes que se citan (Luis Pol Rielo e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 103 do Regulamento xeral de recadación (R.D. 1684/1990, do 20 de decembro; BOE do 3 de xaneiro de 1991), notifícase que, expedido polo órgano competente título executivo que acredita que a débeda non foi satisfeita no prazo de ingreso voluntario, a xefa do Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda en Lugo acordou, no uso das facultades que lle confiren os artigos 100, 106 da citada disposición, a liquidación da recarga de constrinximento, polo 20 por 100 da débeda pendente, e dictou providencia para que se proceda executivamente contra o patrimonio do debedor ou as garantías existentes, no caso de non producirse o ingreso nos prazos sinalados no artigo 108 do dito regulamento, en relación ós contribuíntes que se citan no anexo.

Recursos: tributos cedidos: recurso de reposición, no prazo de quince días ante a dependencia de recadación ou reclamación económico-administrativa, no prazo de quince días ante o tribunal da dita xurisdicción, ámbolos dous prazos contados a partir do día seguinte ó da recepción desta publicación.

Tributos e outros recursos propios: recurso de reposición, no prazo de quince días ante a dependencia de recadación ou reclamación económico-administrativa, no prazo de quince días ante o Tribunal Económico-Administrativo de Galicia.

O procedemento de constrinximento, aínda que se interpoña recurso, só se suspenderá nos termos e condicións sinalados no artigo 101 do Regulamento xeral de recadación.

Solicitude de aprazamentos: conforme establece o artigo 48 do Regulamento xeral de recadación, poderase aprazar ou fracciona-lo pagamento das débedas en vía executiva. A presentación destas farase na Delegación de Facenda do territorio no que deba facerse o pagamento.

Liquidación de xuros de demora: a cantidade debida, excluído a recarga de constrinximento, devengará xuros de demora desde o día seguinte ó do vencemento da débeda en período voluntario ata a data do seu ingreso. O cálculo e o cobro destes farase de acordo co establecido no artigo 169.2º do Regulamento xeral de recadación.

Custas: en caso de se produciren custas no procedemento, a Administración repercutirá o seu

importe ó debedor, conforme o establecido nos artigos 153 e 157 do Regulamento xeral de recadación.

Prazos para face-lo ingreso (artigo 108 do Regulamento xeral de recadación):

a) Recibida a notificación entre os días 1 e 15 de cada mes ata o 20 do dito mes ou inmediato hábil posterior.

b) Recibida a notificación entre os días 16 e último de cada mes, ata o 5 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior.

Aboamento: na caixa da Delegación de Economía e Facenda de Lugo, sita na Ronda da Muralla, 70. Lugo.

Lugo, 2 de decembro de 1997.

Gonzalo Luis Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

ANEXO

Interesado: Luis Pol Rielo.

DNI: 76.528.620-F.

R/ Hortas, 11-3º D, Lugo.

Procedemento: imposto sucesións e doazóns Exp. 1439/89 Liq. D000087/91.

Interesado: Domingo Canto Vila e outro.

DNI: 33.740.837.

R/ Xral. Franco, 6-1º, Lugo.

Procedemento: imposto transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Exp. 536/85-Lugo Liq. T000721/91.

Interesado: Domingo Canto Vila.

DNI: 33.740.837.

R/ Xral. Franco, 6-1º, Lugo.

Procedemento: imposto transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Exp. 536/86 Liq. T000001/91.

11319