Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 04 de xaneiro de 1999 Páx. 8

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 1998, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se actualizan os anexos V e VI da Orde do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servicios administrativos de compulsa de documentos e de verificación de suficiencia e documentos acreditativos de lexitimación, así como os anexos I e II da Orde do 29 de xuño de 1994, pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Anualmente, a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, realiza unha serie de modificacións no Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo 3º do título II da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, que obriga a revisa-la codificación das tarifas das taxas para os efectos da súa xestión.

Así mesmo, diversas normas dictadas durante 1998 inciden directamente en aspectos de taxas e prezos que cómpre revisar.

Por un lado, a modificación da estructura orgánica da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura polo Decreto 109/1998, do 5 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, leva consigo a necesidade de adapta-la codificación dos servicios xestores de taxas e prezos da devandita consellería, para os efectos da xestión das taxas e dos prezos.

Polo outro lado, durante 1998 foron aparecendo sucesivas ordes polas que se crean e se establecen prezos privados, que cómpre codificar.

Ademais, por Orde do 27 de novembro de 1998 créase o Rexistro da Xunta de Galicia na Casa de Galicia de Madrid. Dado que nesta oficina se poderán prestar determinados servicios gravados por taxas e prezos, xurdía a necesidade de codificar esta nova delegación.

A disposición adicional primeira da Orde do 24 de marzo de 1998, pola que se modifican a Orde do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servicios administrativos de compulsa de documentos e de verificación de suficiencia e documentos acreditativos de lexitimación e a Orde do 29 de xuño de 1994, pola que se regula o procedemento de reca

dación voluntaria das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia, engade un parágrafo 2 á disposición adicional da Orde do 30 de xuño de 1992, anteriormente citada, que autoriza a Dirección Xeral de Tributos a actualiza-los anexos V, VI e VII da propia orde.

A disposición adicional segunda da Orde do 24 de marzo de 1998 precitada engade unha disposición adicional á Orde do 29 de xuño de 1994, referida en liñas precedentes, que autoriza a Dirección Xeral de Tributos a actualiza-los anexos I e II desta, mediante resolución.

Por todo iso, e en virtude do parágrafo 2 da disposición adicional da Orde do 30 de xuño de 1992, e da disposición adicional terceira da Orde do 29 de xuño de 1994 referidas,

RESOLVO:

Primeiro.-Modifica-los códigos dos servicios da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura recollidos no anexo V da Orde do 30 de xuño de 1992, substituíndoos polos seguintes:

12 Pesca, Marisqueo e Acuicultura

01 Secretaría

02 Acuicultura (S. C.)

03 Marisqueo (S. C.)

04 Pesca (S. C.)

05 Formación e Investigación

06 Recursos Mariños

07 Estructuras Pesqueiras e Mercados

Segundo.-Engadir na táboa de códigos de delegacións do anexo V da Orde do 30 de xuño de 1992, o código 99, coa seguinte lenda:

99 Casa de Galicia en Madrid

Terceiro.-Actualiza-lo anexo VI da Orde do 30 de xuño de 1998, codificando as novas tarifas de taxas vixentes para 1999, inseríndoas no lugar que lles corresponda segundo a orde preestablecida e actualizando a redacción de tarifas de taxas xa codificadas, modificadas para 1999. As tarifas novas e as tarifas modificadas son as seguintes:

30.15.03. Clase C. Para a posesión ou utilización de medios ou procedementos especiais.

30.16.00. Matrículas de coutos de caza e terreos de carácter cinexético suxeitos a réxime especial.

30.16.03. Matrículas de terreos cinexeticamente ordenados (TECOR).

30.16.04. Matrículas de terreos de carácter cinexético dedicados a explotacións cinexéticas.

30.21.01. Exame teórico para a obtención do título para o goberno de embarcacións de lecer.

30.21.02. Títulos de mergullo profesional.

30.21.06. Exame práctico para a obtención da titulación de embarcacións de lecer.

30.21.07. Autorización para a realización dunha convocatoria extraordinaria nunha escola recoñecida ou entidade autorizada.

31.04.08. Explotación de datos estatísticos oficiais procedentes dos rexistros dos puntos anteriores.

31.07.01. Comprobación sanitaria, loita contra enfermidades das ganderías afectas e nas campañas de saneamento gandeiro cando a prestación deba realizarse por incumprimento da normativa que a regula para movemento pecuario fóra do período de revisión obrigatoria.

31.07.15. Supervisión e control de documentos de traslado de animais e autorizacións sanitarias oficiais para traslado de animais realizadas por veterinarios autorizados.

31.07.19 (Suprimida).

31.07.23. Actuacións no marco do Plan Nacional de Investigación de residuos nos animais vivos e os seus productos (P.N.I.R.) efectuadas polos servicios veterinarios da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

31.11.00. Servicios farmacéuticos e actividades realizadas en materia de medicamentos.

31.12.07. Autorización previa de publicidade sanitaria.

31.14.05. Difusión das mensaxes publicitarias de especialidades farmacéuticas.

31.14.06. Autorización de centros de recoñecemento de aptitude para a obtención e renovación de permisos de armas e de conducir.

31.18.01. Actuacións inspectoras individualizadas a petición de parte, nos servicios e actividades realizadas en materia de medicamentos, agás nos supostos de denuncia ou a petición dunha asociación de usuarios ou consumidores representativa.

31.18.02. Procedemento de expedición dunha certificación, en servicios e actividades realizadas en materia de medicamentos.

31.18.03. Outras actividades de control de centros e servicios e establecementos sanitarios.

31.32.00. Xestión técnico-facultativa do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico.

31.32.01. Deslindes e apeos.

31.32.02. Informes técnicos de planificación hidrolóxica.

31.32.03. Datos técnicos da rede foronómica das concas de Galicia-Custo por mes hidrolóxico e por estación de aforos.

31.41.00. Centros colaboradores homologados para impartir cursos de formación ocupacional.

31.41.01. Recoñecemento de centro colaborador.

31.41.02. Homologación de novas especialidades formativas.

32.33.00. Control de ambiente atmosférico e residuos.

32.33.01. Actividades de control de ambiente atmosférico.

32.33.02. Autorización de productor de R.T.P.

32.33.03. Inscrición no Rexistro de Pequenos Productores de RTP.

32.33.04. Autorización de xestor de RTP.

32.33.05. Inscrición no rexistro de transportistas de RTP.

32.33.06. Autorización de xestor de residuos sólidos urbanos e inscrición no rexistro.

32.34.05. (Suprimida).

32.34.08. (Suprimida).

32.51.00. Autorización de licencia comercial para grandes superficies.

Cuarto.-Actualiza-los anexos I e II da Orde do 29 de xuño de 1994, que quedarán redactados de acordo cos anexos I e II da presente resolución.

Quinto.-Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación e producirá efectos desde o día 1 de xaneiro de 1999.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 1998.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos

ANEXO I

CódigoDenominación

350300Explotación datos estatísticos. IGE
350401Subscrición e venda Diario Oficial de Galicia
350402Anuncios Diario Oficial de Galicia
350500Canons de concesionarios de estacións de autobuses e centrais de mercadorías
350600Outros canons
350700Conservatorios de música e danza
350800Escolas oficiais de idiomas
350900Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais
351000Canon ITV
351100Laboratorio oficial de contrastación de metais preciosos
351200Utilización de locais incubadoras C.E.I.
351300Venda papel numerado da C.A. para uso das corporacións locais
352000Laboratorio Rexional de Medio Ambiente Industrial
352100Realización de copias de planos de demarcación de dereitos mineiros
360100Venda de publicacións
360200Uso de instalacións da EGAP
360300Matrículas de cursos da EGAP
360400Biblioteca EGAP
360500Servicios Igatel
360600Venda de cartografía
360700Ensaios de laboratorios de control de calidade
360800Residencia de estudiantes San Lázaro
361001Campamentos e albergues. Campaña de verán
361002Campamentos e albergues. Estadías
361100Residencias xuvenís para estudiantes
361200Garderías e xardíns infantís
361600Venda de doses seminais producidas no Centro de Selección e Reproducción Animal de Fontao (Esperante, Lugo)
362000Venda de especies cinexéticas
362100Curso Consello Galego de Relacións Laborais
362300Servicios prestados nos laboratorios dependentes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

CódigoDenominación

362400Cesión temporal de locais do IGVS
362500Servicios prestados no Laboratorio de Consumo de Galicia.
362600Cursos e talleres de artistas impartidos no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).
362700Servicios prestados polo Centro de Innovación e Servicios-Deseño e Tecnoloxía (CIS) do Igape.
362800Servicios ofrecidos polo Centro de Innovación e Servicios Tecnolóxicos da Madeira (CIS-Madeira) do Igape.
362900Cursos, xornadas e seminarios.
363000Reproducción parcial mediante fotocopia de publicacións e outros documentos elaborados polo IGE.
363100Carnés xuventude
363101Carné xove euro < 26
363102Carné máis
363200Carnés TIVE
363201Carné alberguista xove
363202Carné alberguista adulto
363203Carné alberguista grupo
363204Carné alberguista familiar
363205Carné alberguista internacional
363206Carné teacher (ITIC)
363207Carné Go <25 (FIYTO)
363208Carné Student (ISIC)
363300Guía Internacional de Albergues
363400Programas TIVE
363401Campos de traballo
363402Intercambios xuvenís
363403Programas de turismo xove
363404Outras actividades TIVE

ANEXO II

CódigoDenominación

350100Tarifas portuarias
351401Venda de permisos de caza
351402Venda de permisos de pesca
351500Precintaxe de artes legais de pesca
351600Arquivos e museos
351700Residencias da terceira idade
351800Centros sociais
351900Residencias de tempo libre
352200Centros de atención especializada a minusválidos psíquicos (CAMP).
360900Productos e aproveitamentos forestais
361300Productos agropecuarios
361400Obxectos conmemorativos de exposicións
361500Servicio de instalacións recreativo-deportivas
361700Análises físicas, químicas e fisicoquímicas realizadas nos laboratorios agrarios e enolóxicos da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
361800Venda de plantas e sementes en viveiro
361900Venda de sementes e piñas en secadoiro
362200Servicios CGAI

11589