Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 04 de xaneiro de 1999 Páx. 5

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 23 de decembro de 1998 pola que se nomean os vocais compoñentes do Consello Galego de Medio Ambiente.

No Decreto 155/1995, do 3 de xuño, establécese a regulación do Consello Galego de Medio Ambiente, determinándose que xunto ós membros natos que

se mencionan, serán nomeados como vocais os representantes das organizacións, institucións e departamentos autonómicos relacionados no seu artigo terceiro, todos eles con especial vinculación coa protección do ambiente.

Por Orde do 3 de xuño de 1998, nomeáronse os vocais do Consello Galego de Medio Ambiente. Ó se produciren vacantes nos vocais que forman parte do Consello Galego de Medio Ambiente, e a incorporación de 3 expertos de recoñecido prestixio no campo ambiental, todo isto en aplicación do artigo 10.2º do Regulamento de organización e funcionamento do Consello Galego de Medio Ambiente, aprobado no Pleno do Consello o 12 de abril de 1996, procede nomea-los novos vocais.

Por todo isto, en aplicación do artigo 4 do Decreto 155/1995, do 3 de xuño, polo que se regula o Consello Galego de Medio Ambiente, e tendo en conta que o citado órgano consultivo foi adscrito á Consellería de Medio Ambiente en virtude de Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente

DISPOÑO:

Artigo único.-Desígnanse vocais do Consello Galego de Medio Ambiente por proposta das organizacións respectivas, de acordo co artigo 3 do Decreto 155/1995, as persoas que a continuación se relacionan:

Polos sindicatos:

-Luis Suárez Poza, como titular e José María Bouza Allegue, como suplente, ambos en representación de UGT.

Polas universidades de Galicia:

-José Ramón Leis Fidalgo, como titular e José Luis Sánchez López, como suplente, ambos en representación da Universidade de Santiago de Compostela.

-Salustiano Mato de la Iglesia, como titular e Antonio Gallardo Correa, como suplente, ambos en representación da Universidade de Vigo.

Como expertos designados polos órganos autonómicos sectoriais:

-Ángel García Arias, como titular e Ignacio Garrote Freire, como suplente; pola área ambiental de contaminación industrial.

-Antonio López Blanco, como titular e Isabel Vila Barbosa, como suplente; pola área ambiental de augas continentais.

Como persoas de recoñecido prestixio no campo ambiental designados polo presidente do consello:

-Darío Prada Rodríguez.

-Manuel Bao Iglesias.

-Felipe Macías Vázquez.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 1998.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

11818