Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 04 de xaneiro de 1999 Páx. 5

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 4 de decembro de 1998 pola que se dispón o nomeamento de vocais do consello de administración da autoridade portuaria de Vilagarcía de Arousa.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado, situadas no seu territorio.

Os acordos do Consello da Xunta de Galicia do 5 e do 26 de marzo de 1998 facultan o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o exercicio das devanditas competencias.

Consonte o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, segundo a súa redacción aprobada pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, a designación dos vocais do consello de administración deberá facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e entidades e organismos representados no consello de administración, polo que, recibidas as propostas do Concello de Vilagarcía de Arousa e do pesidente do ente público Portos do Estado,

DISPOÑO:

Nomear a Camilo Vázquez Guerra, como vocal do consello de administración da autoridade portuaria de Vilagarcía de Arousa en representación do Concello de Vilagarcía de Arousa.

Nomear a Raúl López Fernández, como vocal do consello de administración da autoridade portuaria de Vilagarcía de Arousa, en representación da Administración xeral do Estado.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 1998.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

11776