Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 04 de xaneiro de 1999 Páx. 5

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 4 de decembro de 1998 pola que se dispón o cesamento de vocais do consello de administración da autoridade portuaria de Vilagarcía de Arousa.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado, situadas no seu territorio.

Os acordos do Consello da Xunta de Galicia do 5 e do 26 de marzo de 1998 facultan o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o exercicio das devanditas competencias.

Consonte o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, e segundo a súa redacción aprobada pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, disponse que as separacións dos vocais do consello de administración serán acordadas polo órgano competente da Comunidade Autónoma por proposta das organizacións, organismos e entidades que aqueles representen, e polo que, recibidas as propostas do Concello de Vilagarcía de Arousa e do presidente do ente público Portos do Estado,

DISPOÑO:

Cesar a Manuel Jesús Freijeiro Martínez como vocal do consello de administración da autoridade portuaria de Vilgarcía de Arousa, en representación do Concello de Vilagarcía de Arousa, agradecéndolle os servicios prestados.

Cesar a Consuelo Castro Rey como vocal do consello de administración da autoridade portuaria de Vilagarcía de Arousa en representación, da Administración xeral do Estado, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 1998.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

11788