Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Xoves, 31 de decembro de 1998 Páx. 13.946

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1998 pola que se anuncia concurso para a contratación dos servicios profesionais externos para dota-lo concello dun conxunto de aplicacións xeográficas (Sistemas de Información Xeográfico, GIS).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación.

b) Número de expediente: As98/28.

2. Obxecto do contrato: servicios profesionais externos para dota-lo concello dun conxunto de aplicacións xeográficas (Sistemas de Información Xeográfico, GIS).

Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base da licitación: 18.000.000 de pesetas (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1.

b) Domicilio: Praza de Mª Pita, 1, 2º.

c) Localidade: 15001 A Coruña.

d) Teléfono: 981 18 42 19.

e) Fax: 981 18 42 71.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo: vinteseis días naturais a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica:

a) Lugar. véxase punto 6.

b) Data: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Proposición económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta ...(nome ou denominación social do licitador) para optar ó concurso para a contratación dos servicios profesionais externos para dota-lo concello dun conxunto de aplicacións xeográficas (Sistemas de Información Xeográfico, GIS) (Ref As98/28)».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 1 de decembro de 1998.

O alcalde

P.D.

Rubricado

11115