Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Xoves, 31 de decembro de 1998 Páx. 13.947

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CABANAS

EDICTO sobre convocatoria para provisión dunha praza de auxiliar administrativo.

Asunto: provisión dunha praza de auxiliar administrativo.

Aprobadas polo Pleno da Corporación, en sesión celebrada o 17 de setembro de 1998, as bases para provisión dunha praza de auxiliar administrativo, publicáronse no BOP do 23 de novembro de 1998. A referida praza está incluída na oferta de emprego deste concello para o ano de 1998, coas seguintes referencias:

Tipo de posto: laboral fixo.

Denominación: auxiliar administrativo.

Sistema de provisión: concurso-oposición libre.

Titulación esixida: graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

Presentación de solicitudes: as instancias para tomar parte na convocatoria presentaranse no modelo e cos requisitos establecidos nas referidas bases, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.

Cabanas, 26 de setembro de 1998.

Modesta Anca Rico

Alcaldesa

11116