Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Xoves, 31 de decembro de 1998 Páx. 13.945

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 1998, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia e con procedemento negociado e anticipado de gasto, para a subministración de equipamento de cociña para o Hospital Clínico de Santiago de Compostela. (SCN-03/99). (Lote único).

1. Nome, enderezo, números de teléfono, de telégrafo, de télex e de telefax do órgano da contratación: Servicio Galego de Saúde-Servicio de Subministra

cións, Mantemento e Instalacións (División de Recursos Económicos) edificio administrativo San Caetano, bloque 2, andar 2ª en Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 27 67, fax 981 54 27 62.

2. a) Modalidade de adxudicación elixida: procedemento negociado e expediente anticipado de gasto.

b) Se é o caso, xustificación da utilización deste procedemento con prazos de urxencia. Ante a urxente necesidade da instalacións da cociña debido ó nivel de execucións das obras é preciso que nas próximas datas se acometá a actuación na zona da cociña, polo que a falta de definición dos equipamentos podería orixinar unha tardanza non desexada.

c) Se é o caso, a forma do contrato que é obxecto da licitación.

3. a) Lugar de entrega da subministración: Hospital Clínico de Santiago de Compostela.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deben subministrar: adquisición de equipamento da cociña, (lote único). Ver prego de prescricións técnicas da dita contratación.

Orzamento total: cento vintenove millóns novecentas vinte e tres mil pesetas, IVE incluído (129.923.000 ptas. IVE incluído).

Exercicio posterior, quedando sometida a adxudicación do contrato á condición suspensiva de existencia de crédito adecuado e suficiente no exercicio 1999, de acordo co disposto no artigo 70.4º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os provedores liciten por determinada parte das subministracións requiridas. Á totalidade do lote único.

4. Prazo de entrega eventual imposto: trinta días (30) días desde a petición.

5. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresas adxudicataria do contrato. Ver artigo 24 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

6. a) Data límite de recepción das solicitudes de participacións: 13 de xaneiro de 1999.

b) Enderezo ó que deben enviarse: ver punto 1 deste anuncio.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. Garantías esixidas. Garantía provisional 2.598.460 pesetas.

8. Datos referentes á situación persoal do provedor así coma ós datos e formalidades necesarios para a aviliación das condicións de carácter económico e técnico que deba reuni-lo provedor.

Ver punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares para a dita contratación.

9. Se e ó caso prohibición de variantes. Os licitadores poderán introducir nas súas proposicións varias alternativa ata un máximo de tres, que co mesmo ou distinto prezo, pero sempre igual ou inferior ó orzamento da licitación, incorporen, para as prestacións de subministracións, solucións alternativas ás definidas nas prescricións técnicas, nos artigos e especificacións que expresamente se admitan nas citadas prescricións.

O licitador que utilice esta posibilidade aterase ás instruccións seguintes:

Deberá incluír no sobre B1, dedicado á oferta económica, tantas alternativas como formule.

No sobre B2 dedicado á oferta técnica, incluirá, ademais dos documentos requiridos, a descrición das variantes propostas.

10. Se é o caso, nomes e enderezos dos provedores xa seleccionados polo órgano de contratación.

11. Data de publicacións anteriores no Diario Oficial das Comunidades Europeas.

12.Outras informacións.

13. Data do envío do anuncio: 29 de decembro de 1998.

14. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado OPOCE).

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 1998.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director Xeral da División de

Recursos Económicos

11795