Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Xoves, 31 de decembro de 1998 Páx. 13.944

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto (tramitación anticipada) para a subministración de agullas xerais e outros C.P. 24/99.

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: subministración de agullas xerais e outros.

Orzamento: 24.895.680 ptas.

Garantía provisional: 497.914 ptas.

Lote 1: agulla Luer dun só uso.

Orzamento: 3.276.000 ptas.

Garantía provisional: 65.520 ptas.

Lote 2: adaptador Venojet.

Orzamento: 7.078.080 ptas.

Garantía provisional: 141.562 ptas.

Lote 3: agulla Venojet 20GX1 (9x25).

Orzamento: 2.008.800 ptas.

Garantía provisional: 40.176 ptas.

Lote 4: agulla Venojet 21GX1 (8x25).

Orzamento: 3.720.000 ptas.

Garantía provisional: 74.400 ptas.

Lote 5: agulla con ás Prol. curto e longo.

Orzamento: 8.812.800 ptas.

Garantía provisional: 176.256 ptas.

1. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto. Tramitación anticipada.

2. Prazo de entrega: segundo as necesidades comunicadas polo servicio de compras e subministracións, calendario de entregas, e se é o caso, a partir dos 15 días seguintes á sinatura do contrato.

3. Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

4. Solvencia económica, financieira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Criterios de adxudicación:

Oferta económica: 60%.

Calidade dos artigos: 20%.

Servicio técnico da subministración: 20%.

Total: 100%.

6. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no servicio de contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio do Hotel de Pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006, A Coruña, en días laborais desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32.

7. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

8. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do complexo hospitalario (planta baixa do Hotel de Pacientes), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

9. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 15 de decembro de 1998.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

11879