Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Xoves, 31 de decembro de 1998 Páx. 13.932

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (373/1994).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xuzgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos dos que se fará mención se dictou sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que din así:

«En Santiago de Compostela, o trinta e un de xullo de mil novecentos noventa e oito.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro do partido, os presentes autos de xuízo verbal civil número 373/1994, sobre danos con ocasión da circulación, nos que foi parte demandante Allianz Ras, S.A., baixo a representación procesual do procurador Victorino Benjamín Regueiro Muñoz, e coa defensa letrada de José Santiago Vázquez Mato, e no que aparece como parte demandada Ramón Suárez Suárez, maior de idade.

Decido que, estimando a demanda presentada por Allianz Ras, S.A., debo condenar e condeno a Ramón Suárez Suárez a que indemnice a parte demandante na cantidade de 622.363 pesetas, cantidade que devengará o xuro legal desde a data desta sentencia, con expresa imposición de custas ó demandado.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para que lle sirva de notificación en forma ó demandado Ramón Suárez Suárez, expido e asino a presente cédula de notificación en Santiago de Compostela o trece de novembro de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

10886