Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Xoves, 31 de decembro de 1998 Páx. 13.933

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/109-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. de Malde.

Situación: Cedeira.

Descricións técnicas: liñas eléctricas aéreas de media tensión, a 20 kV sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 164 m de lonxitude con orixe no apoio nº 12 da liña que alimenta o C.T. Corredoira (expediente 51535) e remata no C.T. de Malde, que se via instalar de 76 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. de Corredoira e remata no C.T. en Malde sur, que se vai instalar. Dous centros de transformación, tipo intemperie de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Malde e Malde sur, dos que parten redes de baixa tensión, sobre apoios de formigón en conductor R.Z. de 710 m e 795 m respectivamente. Cedeira.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 13 de novembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

10887