Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Xoves, 31 de decembro de 1998 Páx. 13.932

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (215/1998).

Eu, Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, certifico:

Que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís, consta a recaída nos autos de xuízo de separación número 215/1998, cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela, trinta de setembro de mil novecentos noventa e oito.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, viu os presentes autos de proceso de familia, sobre separación, seguidos neste xulgado baixo o número 215/1998, por instancia de José Manuel López Castro, representado pola procuradora Sánchez Silva e defendido polo letrado García Seara, contra Silaydis Mairene García Noguera, declarada en rebeldía procesual.

Decido que, debo estimar e estimo a demanda de separación interposta por José Manuel López Castro, representado pola procuradora Sánchez Silva, contra Silaydis Mairene García Noguera, declarada en rebeldía procesual, declarando a separación dos ditos cónxuxes, cos demais efectos legais inherentes ó dito pronunciamento e sen facer imposición das custas procesuais.

Unha vez firme a presente resolución, anótese no Rexistro Civil correspondente.

Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación para a ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días desde a notificación.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

A sentencia anterior foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe; e para que conste e lle sirva de notificación en forma á demandada en situación procesual de rebeldía, Silaydis Mairene García, en descoñecido paradoiro, asino a presente cédula en Santiago de Compostela o trece de outubro de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado

10654