Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Mércores, 30 de decembro de 1998 Páx. 13.835

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (421/1998-02).

En virtude do acordado en resolución do día da data dictada no xuízo de menor contía 421/1998, que se segue neste xulgado por iniciativa de Manuel Pérez Reboiras e Carmen Socastro Santos, representado polo procurador Raposo Quintas, contra José Villar Cordo e outros, por medio da presente cédula son emprazados José, Manuel e Isidro Villar Cordo e José Francisco e Manuel Villar Lapido, dos que se descoñece o enderezo, co fin de que no prazo de dez días comparezan en autos coa prevención de que, de non o faceren, serán declarados en rebeldía e darase por contestada a demanda, notificándolle-la dita resolución e as demais que se dicten nos estrados do xulgado.

E para que lles sirva de emprazamento ós antes citados, en paradoiro descoñecido, para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido a presente cédula que asino e selo en Santiago de Compostela o seis de novembro de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

11722