Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Mércores, 30 de decembro de 1998 Páx. 13.834

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

CÉDULA de notificación (27/1998).

Como secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 1 de Ribeira dou fe e testemuño que na tercería de dominio 27/1998 se dictou a sentencia co encabezamento e dictame que son do teor seguinte:

Sentencia «Ribeira, vintenove de outubro de mil novecentos noventa e oito.

Vistos por Beatriz Nieves Álvarez Casanova, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 1 de Ribeira (A Coruña) os presentes autos de tercería de dominio de menor contía 00027/1998 a iniciativa de José Pérez Reboiras, representado polo procurador José Manuel Novoa Núñez (de oficio), sendo demandados Caixa de Aforros de Galicia, Amador Pérez Reboiras, Mª Carmen Fandiño González e Marcial Pérez Ferrín procédese a dicta-la seguinte resolución.

Dictame que debo estimar e estimo a demanda formulada por José Pérez Reboiras contra Caixa de Aforros de Galicia, Amador Pérez Reboiras, Mª Carmen Fandiño González e Marcial Pérez Ferrín.

Que debo declarar e declaro que a vivenda situada na Rúa do Barbanza nº 11 en Ribeira, inscrita no Rexistro da Propiedade de Noia o tomo 559, libro 120, folio 221, predio nº 11.450 é de propiedade da comunidade formada por Marcial Pérez Ferrín e os herdeiros de Matilde Reboiras Casariego.

Que debo alzar e alzo o embargo trabado sobre a dita vivenda como de propiedade de Marcial Pérez Ferrín no xuízo executivo que baixo o número 291/1993 se tramita no xulgado promovido por Caixa Galicia. Todo iso sen que proceda efectuar unha expresa imposición das costas causadas nesta instancia.

Non se fai especial pronunciamento en custas.

Esta sentencia non é firme, contra ela cabe interpoñer recurso de apelación perante a Audiencia Pro

vincial, no termo de cinco días a partir da súa notificación ás partes.

Así, por esta sentencia, xulgando en primeira instancia, pronuncioo, mando e asino».

Asinado e rubricado.

Concorda ben e fielmente co orixinal ó que me remito. E para que así conste e lle sirva de notificación a Amador Pérez Reboiras, actualmente en enderezo descoñecido, expido e asino a presente cédula en Ribeira o cinco de novembro de mil novecentos noventa e oito.

11017