Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Mércores, 30 de decembro de 1998 Páx. 13.834

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

VALEDOR DO POBO

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 1998 pola que se lle pon termo á convocatoria pública aberta para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Valedor do Pobo, anunciada pola Resolución do 25 de setembro de 1998.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta institución, por Resolución do 25 de setembro de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 198, do 13 de outubro), de conformidade co disposto nas súas bases 6ª e 7ª, e en exercicio das atribucións contidas nos artigos 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e 10.2º da Lei 6/1984, do 5 de xuño, modificada pola Lei 3/1994, do 18 de xullo, o Valedor do Pobo

RESOLVE:

Primeiro.-Poñer termo á convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Valedor de Pobo, anunciada por Resolución do 25 de setembro de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 198, do 13 de outubro).

Segundo.-Adxudicarlle destino no posto de traballo de xefe do Servicio de Administración e Persoal do Valedor do Pobo á funcionaria María José Castro Carballal, do corpo superior de administración da Xunta de Galicia, grupo A, co rexistro de persoal nº 33234378 24A2060, á vista da documentación presentada e unha vez que xa foi recibido o informe previsto na base 5ª da convocatoria.

Terceiro.-O cesamento no destino actual da funcionaria á que se lle adxudica o posto producirase dentro dos tres días seguintes ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do seu posto no Valedor do Pobo será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de conformidade co disposto na base sétima da convocatoria.

Cuarto.-A funcionaria seleccionada, procedente da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co disposto na base oitava da convocatoria, terá dereito a ser declarada na situación administrativa prevista no artigo 10.3º da Lei do Valedor de Pobo, en relación co artigo 52.14º da Lei da función pública de Galicia.

Quinto.-Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo previsto na Lei regula

dora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, logo de comunicarllo a esta institución, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 1998.

José Cora Rodríguez

Valedor do Pobo

10280