Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Mércores, 30 de decembro de 1998 Páx. 13.831

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 1998, da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, pola que se outorgan destinos correspondentes ó concurso de traslados de data 26 de xaneiro de 1998, polo que se ofertaban prazas vacantes de nova creación dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza.

Visto o expediente instruído como consecuencia do concurso de traslados convocado por Resolución do 26 de xaneiro de 1998 (BOE do 13 de marzo), para cubri-las prazas vacantes en órganos de nova creación entre oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza,

Esta dirección xeral, de conformidade co disposto nos artigos 455 e 494 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial e os artigos 54, 55 e 57 do Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza, dispón:

Primeiro.-Facer públicos os destinos que con carácter definitivo se adxudicaron ós funcionarios que participaron no concurso de traslados convocado por resolución da data mencionada anteriormente, que se corresponden cos relacionados no anexo I da resolución da convocatoria e os producidos a resultas.

Segundo.-Excluír do concurso de traslados ós funcionarios que no anexo II se relacionan.

Terceiro.-Declarar caducadas as instancias presentadas polos participantes no presente concurso que non obtiveron destino, polo que non se terán en conta en futuros concursos de traslados.

Cuarto.-Declarar desertas as prazas non adxudicadas no presente concurso, agás que se pretendan amortizar ante modificación do cadro de persoal orgánica ou reordenación de efectivos dun centro de traballo, polo que se cubrirán na forma prevista no artigo 458 da Lei orgánica do poder xudicial por funcionarios de novo ingreso.

Quinto.-O cesamento dos funcionarios no seu anterior destino efectuarase o próximo día 31 de decembro de 1998.

A toma de posesión deberá efectuarse nos oito días naturais seguintes ó cesamento cando teña lugar dentro da mesma poboación e dentro dos quince días naturais seguintes se se producise en poboación distinta, sendo retribuído o devandito prazo pose

sorio pola Administración competente respecto á praza obtida no presente concurso.

Non corresponde o permiso de dez días por traslado de domicilio con cambio de residencia previsto no artigo 66.1º b) do Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro, ó outorgarse un prazo para tomar posesión retribuído.

Se a resolución comporta reingreso no servicio activo á Administración de xustiza nos corpos de oficiais, auxiliares ou axentes, o prazo de quince días naturais para a toma de posesión deberá comezar a contar desde o día seguinte do 31 de decembro de 1998, pero no presente caso o devandito prazo non resulta retribuído, xa que se produce antes de formalizarse o reingreso nos corpos de oficiais, auxiliares ou axentes e por tanto non pode computarse como de servicios efectivos.

No caso do que os funcionarios reingresados por medio do presente concurso se atopen en activo noutro corpo e non desexaran que se lles interrompese a súa relación de servicio coa Administración, dada a necesidade de contar co tempo indispensable para efectua-la toma de posesión, poderán solicitarlle ó presidente, xuíz, fiscal ou xefe do organismo do seu actual destino, un permiso retribuído dun día cando teña lugar dentro da mesma poboación ou de dous en caso contrario, agás aqueles casos que teñan que desprazarse a Canarais, Illas Baleares ou Ceuta e Melilla, no que o permiso poderá ser de ata tres días (artigo 66.1º g) do Regulamento orgánico), tendo o cesamento no seu anterior destino data inmediatamente anterior á da súa posesión na nova praza de reingreso.

Por esta Comunidade Autónoma competente se lles concederá a excedencia de oficio no corpo de procedencia se ésta se produce nun corpo ó servicio da Administración de xustiza, e o cesamento neste destino terá data anterior á da súa posesión nos corpos de oficiais, auxiliares ou axentes, ó obxecto de evita-la interrupción na percepción dos seus haberes.

Os funcionarios interinos que actualmente ocupen as prazas que foron adxudicadas cesarán como consecuencia da posesión do seu titular.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa publicación no BOE, logo de comunicación a este centro (artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común).

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 1998.

José-Antonio Álvarez Vidal

Director xeral de Xustiza e Administración Local

ANEXO II

Corpo: auxiliares.

DNIAPELIDOS E NOMECAUSA DA EXCLUSIÓNCENTRO DE DESTINO

34965125REBOREDO PIÑEIRO,

PEDRO JOSE

LEVAR MENOS DUN

ANO ÚLTIMA TOMA DE

POSESIÓN

XZDO 1ª INS. E

INSTR. Nº 2-RIBEIRA

34259624PAZ PEREZ,

JOSE LUIS

LEVAR MENOS DUN

ANO ÚLTIMA TOMA

DE POSESIÓN

XZDO 1ª INS. E INSTR.

A FONSAGRADA

11292