Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Mércores, 30 de decembro de 1998 Páx. 13.835

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1998 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación anticipada do expediente de gasto, do servicio de apoio técnico funcional á explotación do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia.

1. Entidade adxudicadora: Consellería da Presidencia e Administración Pública, Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos, edificio administrativo de San Caetano, Casa da Radio, telé

fono: 981 54 52 58; fax: 981 54 52 74, 15771 Santiago de Compostela.

2. Modalidade de adxudicación: concurso polo procedemento aberto e tramitación anticipada do expediente de gasto.

3. Prazo de execución: a duración da asistencia prolongarase desde o momento da sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1999.

4. Orzamento total: cento vinte millóns catrocentas trinta e dúas mil cincocentas oitenta pesetas (120.432.580 ptas.), IVE incluído.

5. Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: Consellería da Presidencia e Administración Pública, Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos, Subdirección Xeral de Planificación e Coordinación Informática, edificio administrativo de San Caetano, Casa da Radio, teléfono: 981 54 52 58; fax: 981 54 52 74, 15771 Santiago de Compostela, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións.

6. Clasificación: grupo III, subgrupo 3, categoría D.

7. Garantías esixidas: consistirá no 2% do orzamento de licitación (2.408.652 ptas.).

8. Modelo de proposición: o que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

9. a) Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio administrativo Central de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión rematará ás 14 horas do día 30 de xaneiro de 1999.

No exterior dos sobre expresarase o seguinte texto: «Proposición para tomar parte no concurso convocado pola Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia para a contratación do servicio de apoio técnico funcional á explotación do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos, que presenta..... no nome (propio ou da entidade que representa)».

b) Lingua ou linguas nas que deben redactarse: castelán ou galego.

10. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: 5 de febreiro de 1999 nunha das salas de xuntas da Consellería da Presidencia e Admón Pública (semisoto do edificio central de San Caetano), a partir das 12 horas.

11. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver punto 5 do prego de prescricións técnicas.

12. Información complementaria: no enderezo e servicio indicadas no punto 5.

13. Data de publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa:

14. Data de envio do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 10 de decembro de 1998.

15. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas:

16. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución nos boletins oficiais, será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 1998.

P.D. (Orde do 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública

11471