Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Martes, 29 de decembro de 1998 Páx. 13.762

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, e disposicións concordantes, faise público que o Pleno deste Concello, na sesión do día 11 de decembro de 1998, aprobou definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal en Alargos-Guillar, neste concello.

Contra o dito acordo, que é definitivo na vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados desde o día seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

A interposición deste recurso deberá comunicárselle previamente ó Concello de Outeiro de Rei, de conformidade co disposto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Outeiro de Rei, 12 de decembro de 1998.

José Pardo Lombao

Alcalde

10849