Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Martes, 29 de decembro de 1998 Páx. 13.762

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno, na sesión extraordinaria do día 11 de decembro de 1998, o plan parcial dos Alargos-Guillar, neste municipio, que se tramita por instancia de Construcciones y Clelia, S.L., sométese a información pública polo prazo dun mes a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, dcurante o cal poderá examinarse na Casa do Concello, nas horas de oficina, e formulárense, se é o caso, as alegacións que se estimen procedentes, dirixidas por escrito á Alcaldía.

Na mesma sesión plenaria acordouse a aprobación inicial do proxecto de urbanización da zona comprendida no devandito plan, someténdose así mesmo á información pública, por prazo dun mes contado a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos indicados, de acordo co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Outeiro de Rei, 12 de decembro de 1998.

José Pardo Lombao

Alcalde

11588