Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Martes, 29 de decembro de 1998 Páx. 13.762

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

ANUNCIO.

Aprobada inicialmente polo Pleno deste Concello, na sesión extraordinaria do día 11 de decembro de 1998, a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal deste municipio, sector CC1, sométese o expediente e proxecto de modificación a información pública polo prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal poderase examinar na Casa do Concello, no horario de oficina, e formulárense mediante escrito dirixido ó alcalde as alegacións e observacións que se consideren procedentes.

Outeiro de Rei, 12 de decembro de 1998.

José Pardo Lombao

Alcalde

11587