Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Martes, 29 de decembro de 1998 Páx. 13.762

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de información pública do proxecto de estatutos e bases de actuación para a constitución da Xunta de Compensación da UA 4 Samil. (Expediente 4094/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 2 de outubro de 1998, acordou aprobar inicialmente o proxecto de estatutos e bases de actuación para a constitución da Xunta de Compensación da Unidade de Actuación 4 Samil, presentado con data do 15 de xuño de 1998 no Rexitro da Xerencia Municipal de Urbanismo por Américo Alonso Alonso e Benigno Pérez González, en representación da comisión xestora formada por propietarios da unidade de actuación, someténdoo a información pública polo prazo de vinte días mediante inserción de anuncios no DOG, BOP e notificación persoal ós propietarios afectados.

O que se fai público para xeral coñecemento segundo o establedio no artigo 133.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, en relación co seu artigo 102. O expediente está a disposición do público en xeral na oficina de información urbanística da Xerancia Municipal de Urbaninsmo (planta baixa da Casa do Concello).

Así mesmo, este anuncio servirá de notificación nos termos previstos na citada lei, así como no artigo 59 da lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou que, intentada esta, non se puidese realizar.

Vigo, 12 de novembro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde, presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo

11717