Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Martes, 29 de decembro de 1998 Páx. 13.760

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CORCUBIÓN

EDICTO.

Aprobado polo Pleno da Corporación o proxecto de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal afectas ó campo de fútbol municipal e redactadas polos servicios técnicos deste concello, exponse ó público polo prazo dun mes a documentación comprensiva del, para efectos do seu exame e reclamacións. Estas deberán ser dirixidas ó alcalde-presidente do concello e presentadas nas dependencias municipais, a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, en horario de oficina.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do acordado polo Pleno da Corporación na sesión extraordinaria celebrada o 22 de setembro de 1997.

O alcalde-presidente

Rubricado

10481