Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Martes, 29 de decembro de 1998 Páx. 13.760

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FENE

ANUNCIO de concurso.

A Corporación municipal, en sesión ordinaria celebrada con data do 5 de novembro de 1998, aprobou

o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán o concurso para a execución das obras de remate do mercado municipal de Fene, dotación de instalacións e explotación do servicio, nos seguintes termos:

Anuncio de licitación: de conformidade co disposto no artigo 79 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, anúnciase concurso con procedemento aberto para a adxudicación de execución das obras de remate do mercado municipal de Fene, dotación de instalacións e explotación do servicio, consonte o seguinte contido:

1. Obxecto do concurso: constitúe o obxecto do concurso a explotación, en réxime de concesión administrativa, do mercado municipal de Fene no edificio parcialmente construído sito en Centeeiras (Perlío).

A concesión comprenderá:

a) A previa execución das obras de remate, reparacións e reposicións así como instalacións do mercado, de acordo co prego de bases aprobado polo concello, no que se poderán introducir aspectos ou circunstancias que, sen excluí-lo uso como mercado municipal, permita unha certa flexibilidade de uso e explotación con obxecto de adapta-lo funcionamento ás circunstancias temporais.

b) A subseguinte xestión e explotación do servicio, nas condicións que se regulan no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros servicios que puideran estar relacionados co mercado sempre que previamente foran propostos polo concesionario e aceptados polo concello.

2. Prazo de execución das obras e duración da concesión: o prazo de execución total das obras de remate do mercado e as súas instalacións, será de catro (4) meses.

O prazo máximo de duración da concesión será de corenta e nove anos.

3. Financiamento: o concesionario asumirá o financiamento da totalidade das obras e instalacións pendentes de executar e as reparacións de defectos, roturas ou deterioracións existentes, se é o caso, na data de adxudicación, así como as modificacións que propuxera introducir nas instalacións existentes. O concello non avalará ningún tipo de empréstito, nin participará de ningunha forma no financiamento das obras e instalacións que se executen.

5. Exposición de pregos de cláusulas administrativas: estarán de manifesto tódolos días hábiles en horario de 9 a 13 horas na Secretaría do concello. (Teléfono: 981 34 03 54, e fax: 981 34 08 22), e sométense a información pública por período de 15 días hábiles, dentro dos quince primeiros días do prazo de presentación de proposicións, se ben a licitación se adiará no suposto de se formularen reclamacións contra o dito prego.

6. Garantías provisional e definitiva: os licitadores, para tomar parte no concurso, constituirán unha fianza provisional por importe de 500.000 pesetas, e a definitiva será do 4% do orzamento das obras de remate e instalacións. Despois da recepción definitiva das obras e instalacións do mercado e antes da devolución da garantía definitiva, o adxudicatario constituirá outra, cunha vixencia igual ó tempo de duración da concesión, por importe de 15.000.000 de pesetas.

7. Lugar e prazo de presentación de proposicións: as proposicións para tomar parte no concurso presentaranse en man no rexistro xeral do Concello de Fene, en horario de 9 a 13 horas e dentro dos 40 días naturais, comezando o cómputo co seguinte día ó da publicación do anuncio de convocatoria no BOE. Se o último día coincidise en sábado ou ben en festivo, o prazo entenderase prorrogado ata o seguinte día hábil. Non se admitirán proposicións enviadas por correo ou por calquera outro procedemento que non sexa o expresado.

8. Apertura das ofertas: dentro dos seis días seguintes ó do remate do prazo de presentación de proposicións, a mesa de contratación procederá á apertura do sobre A) e ó exame e cualificación da documentación contida nel.

No lugar, día e hora que se sinale oportunamente e que se comunicará coa anticipación suficiente a tódolos membros da mesa de contratación e a tódolos licitadores, levarase a cabo o acto de apertura do sobre B).

9. Modelo de proposición: as proposicións que presenten os licitadores axustaranse ó seguinte modelo:

«D/Dna....., domiciliado/a en..... rúa......, número....., con DNI número..... comprométese á redacción do proxecto definitivo, remate de obras do mercado e instalacións, así como á explotación do mercado municipal de Fene a que se refire o anuncio publicado no BOE o día....., con estricta suxeición ó prego de cláusulas administrativas particulares que rexe o concurso, nas condicións seguintes:

a) O orzamento total das obras de remate e execución de instalacións do mercado é de..... pesetas, que se descompón do seguinte xeito:

-Obra civil..... pesetas.

-Instalacións..... pesetas.

-O número total de locais e postos de cesión permanente é de..... e os de aluguer é de.....

-O prezo por cesión do desfrute de uso en réxime de cesión permanente é de..... ptas.

-O prezo de aluguer de postos e locais é de (cota por gastos de explotación engadida):

Día...... ptas.

Semana..... ptas.

Mes..... ptas.

b) O canon anual que se pagará ó concello é de..... ptas.

c) A duración da concesión é de..... anos, o que supón unha diminución do prazo máximo estipulado de..... anos.

d) O prazo de execución das obras e instalacións é de..... meses.

e) Cota por gastos de explotación ós cesionarios permanentes de postos e locais.

Coñece e acepta os pregos de condicións técnicas e de cláusulas administrativas particulares.

En......, ......, de..... de 199...

Sinatura».

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Fene, 10 de novembro de 1998.

Xosé María Rivera Arnoso

Alcalde

11719